domingo, 24 de xaneiro de 2016

Paixón polas mates

Que es?

Unha integral que divide a miña alma en dous.
Unha multiplicación que suma unha e mil veces a ilusión.
Unha derivada que te desvía por un camiño incerto.
Unha resta que deixa o meu interior ao descuberto.
Un límite máis aló dos infinitos desexos
Unha raíz que cadra á perfección da miña idea
Un problema que deixa espida a miña vulnerabilidade


Un resultado acadado dunha operación incalculable.

Ningún comentario:

Publicar un comentario