mércores, 25 de novembro de 2015

Sinfonía erótica



Amarrarme así polas cadeiras.
Achegarme a ti con firmeza.
E nun impulso... zas!
Mentres, solto un berro enxordecido pola túa man que me tapa a boca nese intre...
E miro cara atrás, pensando: que estás a facer?
Un pensamento que se desvanece de xeito case instantáneo, polo pracer que me provoca a idea da túa dura batuta no meu interior...
O que semellaba un atrevemento pola túa parte, deixa de selo, porque nese intre sinto a humidade entre as miñas pernas...
Desexo esa batuta no meu interior, a túa...
Tanto ten o lugar ou as miradas alleas, só necesito que ela dirixa a nosa melodía, de xemidos e suspiros harmoniosos... ah... ah...

Ata chegar ao clímax da nosa obra.